equality 3.0 – 2019

Coeducando nas Emocións

Mural realizado dentro do centro

A Anpa do IES XESÚS FERRO COUSELO está formada por pais e nais comprometidos coa consecución dunha sociedade máis xusta onde desaparezan os estereotipos de xénero e a violencia contra as mulleres.

Por este motivo este ano queremos desenvolver actividades no Centro que nos permitan educar aos nosos fillos e fillas dende a diversidade para que poidan desenvolver ao longo da súa vida unhas relacións afectivas e sexuais saudables e respectuosas, e para unha convivencia harmónica que integre a diversidade de xénero, sexual, e afectiva.

Obxectivos
– Impulsar a formación, sensibilización e información das familias na perspectiva de xénero
– Eliminar os estereotipos de xénero e fomentar a coeducación para lograr unha educación pola igualdade, como paso previo para a eliminación das desigualdades entre mulleres e homes e previr e loitar a violencia que se exerce contra as mulleres
– Traballar as relacións de uso abusivo do poder e a violencia sistémica no exercicio das relacións persoais, co fin de visibilizar os mecanismos que sustentan a violencia de xénero, e favorecer relacións pacíficas e positivas para todos os membros da comunidade
– Sensibilizar e implicar ás familias no fomento dos valores da corresponsabilidade para unha repartición das tarefas domésticas e de coidados, libre de condicionamentos de xénero.
– Asesorar sobre os Protocolos existentes nos casos de agresións ou violencia contra as nenas.
Metodoloxía
A proposta metodolóxica basease na creación desta web que servirá como medio de difusión da subvención concedida e incluirá actividades para tod@s os participantes no programa, sendo tamén a canle de comunicación sobre as actividades a desenvolver e os resultados acadados.
A metodoloxía de impartición dos obradoiros será presencial mediante unha pedagoxía activa e participativa co obxectivo de que as/os participantes sexan axentes activos dos procesos de ensinanza-aprendizaxe.
Con respecto as actividades a desenvolver, terán o formato de Obradoiro e desenvolveranse no Centro, estarán compostos pos algunhas das seguintes actividades:
1. Actividades no centro:
– Información e difusión.
– Concurso de Ideas entre os alumn@s
– Concursos a través da web do programa
– Performance
– Traballo na aula :
– Utilización de recursos: vídeos, música, xogos cooperativos e outros
– Charlas entre iguais
– Charlas a cargo das Entidades Colaboradoras
2. Actividades cos pais/nais:
– Obradoiro sobre a temática a tratar desenvolvido por expertos
– Mesa Redonda coa colaboración das diferentes entidades participantes no programa: Asociacións, Garda Civil, Administración Local, Profesores, etc.
Persoas responsables da Execución
Execución dos Obradoiros: Aula Inversa
Coordinación: Directiva do ANPA en colaboración coa Directiva do Centro.

Avaliación
Para avaliar os resultados do programa utilizaranse cuestionarios previos para coñecer o punto da partida dos participantes e cuestionarios finais para avaliar a consecución dos obxectivos previstos no programa

Obradoiros a Realizar
OBRADOIRO 1
– Nome: Mirarnos con gafas violetas
– Temática: Primeiro Obradoiro introdutorio do proxecto para aprender a mirar a realidade, descubrir micromachismos e ver cómo estos nos afectan.
– Data prevista de realización: Semana do 21 ao 25 de outubro de 2019
OBRADOIRO 2
– Nome: Internet e as novas tecnoloxías
– Temática: Os riscos dun mal uso do Smartphone e das Redes Sociais. Os novos fenómenos virtuais da sextorsion, ou cyberstalking, e as novas formas de violencia de xénero perpetradas dixitalmente.
– Data prevista de realización: Semana do 04 ao 08 de novembro de 2019
OBRADOIRO 3
– Nome: Educación Afectivo-sexual
– Temática: A sexualidade dende a  tolerancia e atención a diversidade e evitando os medos e falsos mitos que acompañan a estos temas na nosa sociedade.
– Data prevista de realización: Semana do 18 ao 22 de novembro de 2019

BASES DO CONCURSO

Concurso Literario Equality 3.0

Os Contos non son como chos contaron…. Atréveste a cambiarlle o final?

Xa está aquí o primeiro concurso literario Equality 3.0. en colaboración co Departamento de Dinamización Lingüística e Biblioteca do IES Xesús Ferro Couselo e patrocinado pola ANPA. Anímaste a participar?

Primeira: Poderán participar neste concurso os alumnos/as de calquera curso do IES Xesús Ferro Couselo que presenten un relato, poema ou conto escrito en Galego, Castelán, Inglés ou Francés.

O traballo poderá ser realizado de maneira individual ou colaborativa (familia, amig@s ou compañeir@s)

Segunda: O contido da narración poderá versar sobre calquera ámbito e temática relacionada coa igualdade (por exemplo: vestimenta, estereotipos, deportes, contos, traballo, relacións/amizades, etc.)

Terceira: Os traballos poderán presentarse en calquera das seguintes linguas:

Galego, Castelán, Francés e Inglés.

Cuarta: Os traballos presentaranse en papel no Departamento de Dinamización Lingüística ou Biblioteca, incluíndo o nome e apelidos dos participantes.

Quinta: O prazo de presentación de textos será ata as 00:00h. do luns 18 de novembro de 2019.

Sexta: Establécese un primeiro premio para o gañador/a do concurso e dous finalistas

Sétima: O xurado encargado de emitir o fallo sobre os textos presentados estará composto por:

-Un/unha membro do Departamento de Dinamización Lingüística.

-Un/unha membro da Biblioteca.

-Un/unha profesor/a do departamento de lingua castelá..

-Un/unha profesor/a do departamento de lingua inglesa.

-Un/unha profesor/a do departamento de lingua francesa.

Oitava: Os criterios para a valoración dos textos basearanse fundamentalmente na capacidade para concienciar sobre os principios da igualdade de oportunidades e tamén:

– A orixinalidade.

– Competencia lingüística.

– Corrección ortográfica e estilística.

– Linguaxe e contido non sexista.

– A esencia literaria.

De acordo cos requisitos antes mencionados, a selección dos gañadores realizarase do seguinte xeito: cada texto presentado valorarase de 1 a 5 puntos, sendo 1 a nota máis baixa e 5 a nota máis alta. O resultado de cada puntuación será o resultado da suma das cualificacións obtidas por cada unha das persoas que forman o xurado.

No caso de empate, leranse as historias empatadas, clasificándose de novo e procederase á suma das puntuacións obtidas.

Novena: O premio para o/a gañador/a consistirá nunha camiseta moi especial por parte do IES Xesús Ferro Couselo, nun libro e nun marcapáxinas de coiro por parte da ANPA; así coma na publicación do texto na web do centro e na web da ANPA.

Os/as dous finalistas recibirán unha camiseta e un marcapáxinas.

Todos os/as demais participantes recibirán un pequeno obsequio pola esforzo realizado.

Décima: A participación neste premio implica a aceptación plena destas bases e o incumprimento dalgunha delas anulará a participación.

Parabéns aos nosos fantásticos gañador@s do Concurso Literario: Sara e Hugo