equality 3.0 - 2021

Coeducando nas Emocións

A Anpa do IES XESÚS FERRO COUSELO está formada por pais e nais comprometidos coa consecución dunha sociedade máis xusta onde desaparezan os estereotipos de xénero e a violencia contra as mulleres.

Por este motivo de novo este ano queremos desenvolver actividades no Centro que nos permitan educar aos nosos fillos e fillas dende a diversidade para que poidan desenvolver ao longo da súa vida unhas relacións afectivas e sexuais saudables e respectuosas, e para unha convivencia harmónica que integre a diversidade de xénero, sexual, e afectiva.

Concurso de Debuxo Equality 3.0

Xa temos gañador/a do concurso!! En breve poderás coñecer todos os detalles

Debuxo Gañador:

Autora: Claudia Mascitti Nogueiras

Debuxo Semifinalista:

Autora: Carlota Merelles Vázquez

A última semana do mes de novembro poderás ver en directo a realización do Graffiti no centro, da man do artista ourensán Camí

Graffiti no centro:

Equality 2021 Obradoiro 1: Como falar para que nos escoiten, como escoitar para que nos falen

Equality 2021 Obradoiro 2: Señais de alerta e condutas de risco entre os e as adolescentes. Como as identifico?

Equality 2021 Obradoiro 3: Os perigos das redes sociais: a educación cómo resposta