equality – 2024
Coeducando nas Emocións
Estimadas familias:
Desde a ANPA do IES Xesús Ferro Couselo, colaborando coa dirección do centro, queremos informar da posta en marcha, un ano máis, do proxecto Equality 3.0.
Para o desenvolvemento deste proxecto, que se está levando a cabo durante os meses de outubro e novembro deste ano 2024, contamos co apoio da Consellería de Politica Social e Igualdade da Xunta de Galicia.
Equality 3.0 ten como finalidade a promoción da igualdade e a prevención da violencia de xénero entre familias e alumnado do centro.
As actividades alinéanse cos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS), en concreto co ODS4 e o ODS5, e diríxense a alumnado de 4º da ESO, a pais, nais, familias e equipos docentes para facilitar a sensibilización, información, coñecemento e reflexión sobre igualdade a violencia de xénero e sobre o uso adecuado da internet e as novas tecnoloxías, empregando unha perspectiva de xénero e a metodoloxía de aprendizaxe-servizo (ApS) para que o alumnado poda poñer os coñecementos adquiridos ao servizo da comunidade.
Deixámosvos aquí o enlace a tódolos vídeos presentados:
https://drive.google.com/drive/folders/16CF8qC-x1wxIxWwHKznhC5s0gfNuBVgz
E o vídeo gañador:

– 1 Obradoiro de actividades co alumnado de 4º de ESO para abordar as
Relacións Afectivas Saudables. (2 horas por curso)
Impartido o 17 de outubro por Sinapsis Psicoloxía.
– 1 Obradoiro de edición audiovisual co alumnado de 4º ESO para elaborar un video por grupo de alumnos/as (2 horas por curso)
Impartido o 7 de novembro por alumnado do ciclo de audiovisuais de A Farixa.
– Unha enquisa, realizada no mes de setembro, que tivo como obxectivo coñecer as temáticas que mellor se adaptaban aos intereses das
familias, cuxo resultado foron As Relacións Afectivas Saudables.
– Concurso de Vídeos para escoller o gañador:
Consulta os vídeos: https://drive.google.com/drive/folders/16CF8qC-x1wxIxWwHKznhC5s0gfNuBVgz?usp=sharing
– Unha xuntanza final o 21 de novembro na casa da mocidade de Barbadás ás 20:00h para analizar o proxecto e intercambiar experiencias entre as familias.

