equality 3.0
Coeducando nas Emocións

Graffiti do proxecto Equality 3.0 2020
A Anpa do IES XESÚS FERRO COUSELO está formada por pais e nais comprometidos coa consecución dunha sociedade máis xusta onde desaparezan os estereotipos de xénero e a violencia contra as mulleres.
Por este motivo de novo este ano queremos desenvolver actividades no Centro que nos permitan educar aos nosos fillos e fillas dende a diversidade para que poidan desenvolver ao longo da súa vida unhas relacións afectivas e sexuais saudables e respectuosas, e para unha convivencia harmónica que integre a diversidade de xénero, sexual, e afectiva.

Obradoiros coas Familias
OBRADOIRO 1

12 de novembro-Educación afectivo sexual
Hora: 19h a 20:30h
Imparte: Ana Pérez Cardoso. Sexóloga. Equipo de Profesionais do INCISEX- Instituto de Ciencias Sexolóxicas. Decano da formación en sexología en España
Contido:Introducimos o proxecto dialogando coa sexoloxía: Obradoiro para o achegamento ás
adolescencias e ás sexualidades
Para finalizar o obradoiro compartimos as ideas nun mural colaborativo:

Podes ver o vídeo completo do obradoiro no canal de Youtube da ANPA:
OBRADOIRO 2

19 de novembro-Laboratorio das Emocións
Hora: 19h a 20:30h
Imparte: Unidade de Investigación de Formación y Orientación para la Vida (FORVI) da Universidade de A Coruña
Contido: Coñecemos os resultados da investigación de FORVI no centro e introducimos a educación emocional
Para finalizar o obradoiro compartimos as ideas nun mural colaborativo:

Podes ver o vídeo completo do obradoiro no canal de Youtube da ANPA:
OBRADOIRO 3

26 de novembro-Violencia nas TIC
Hora: 19h a 20:30h
Imparte: Santi Rey de AtlanTICS. Policía Nacional, Experto Universitario en Localización e Seguimento de Delitos Tecnológicos pola UDIMA. Informático Forense na Policía Científica do CNP en Galicia e Presidente de AtlanTICS.
Contido: Os riscos dun mal uso do Smartphone e das Redes Sociais.
Para finalizar o obradoiro compartimos as ideas nun mural colaborativo:

Podes ver o vídeo completo do obradoiro no canal de Youtube da ANPA:
Participación das alumnas de 1ºBACH en La Ciencia es Femenino

O domingo 22 de novembro as alumnas Paula, Sara, Aroa e Antía de primeiro curso de bacharelato participaron no programa de radio: La ciencia es femenino; programa con perspectiva de xénero que se emite en Cuac FM para visibilizar o traballo das científicas galegas.
Tiveron a ocasión de realizar preguntas ás científicas invitadas e participaron no coloquio aportando a súa visión sobre a situación da ciencia e da educación. Falaron das súas vocacións e reivindicaron a necesidade de axudarlles a vincular habilidades e vocación.
Noraboa a todas!! podedes escoitar o programa completo en
Obradoiro 25 e 30 de novembro
Imparte: Paloma Velón García Velasco: Coordinadora do grupo de Igualdade de Xénero Think Tank en Talento para el Futuro.
Contido: Charlas entre iguais a cargo de TALENTO PARA EL FUTURO onde os mozos e mozas contarán ao alumnado os proxectos de igualdade nos que traballan e a súa visión do futuro.

Concurso de Ideas:
Realizamos este mural colaborativo para e compartir as opinións sobre a Igualdade


