equality 3.0 – 2022

Coeducando nas Emocións

A Anpa do IES XESÚS FERRO COUSELO está formada por pais e nais comprometidos coa consecución dunha sociedade máis xusta onde desaparezan os estereotipos de xénero e a violencia contra as mulleres.

Por este motivo de novo este ano queremos desenvolver actividades no Centro que nos permitan educar aos nosos fillos e fillas dende a diversidade para que poidan desenvolver ao longo da súa vida unhas relacións afectivas e sexuais saudables e respectuosas, e para unha convivencia harmónica que integre a diversidade de xénero, sexual, e afectiva.

Equality 2022 Obradoiro 1: Educación afectivo-sexual: Falemos de Pornografía

Equality 2022 Obradoiro 2: Novas Masculinidades

Equality 2022 Obradoiro 3: Como falar cos nosos fillos para que nos escoiten e como escoitar para que nos falen.